|
CARAUTA: Máscara que se coloca diante da face para tapala. CIGARRÓN: Máscara/ Personaxe arcaico e característico do Entroido de Verín, con raíces prehistóricas. COMADRES: Xoves que precede ao Entroido. COMPADRES: Xoves anterior ao de Comadres DINAMITEIRO: Aquel que fai uso da dinamita. ENFARELAR: Manchar/cubrir de fariña. ENTREMESES: Pezas teatrais con texto ou sen el con clara intención satírico-burlesca e crítica. ENTROIDOS: - Festas populares en Galicia. Festa que precede a Coresma. - Máscaras que saen no Entroido; mais propiamente correspóndelle o nome ó boneco de palla ou similares que despois de ser exhibido con distintos fins, remata queimado ou afogado.
FARIÑA: Ingrediente indispensable no Entroido de Verin. FOGUETEIRO: Persoa encargada dos artefactos pirotécnicos. GRAVATA: tira de seda ou doutra materia que se ennuda ou enlaza ao redor do pescozo, deixando caer os extremos. (propia na vestimenta do Cigarrón) MARAGATOS: Unhas máscaras que se ben dende un principio pretendian imitar os comerciantes da Maragatería que percorrian aldeas e vilas vendendo mercadorias chegaron mais tarde a representar distintos personases do Entroido. Vestidos ó xeito daqueles comerciantes pretendian incluso imitalos nos acenos e na fala castelá que empregaban. SERMONS: Teñen as mesmas características e finalidade crítico-burlesca que os testamentos, pero os sermóns, teñen lugar durante a celebración do Enterro da Sardina. TESTAMENTOS: tamén coñecidos coma BANDOS e APROPOSITOS, son composicións literarias populares que encerran nos seus versos unha critica mordaz con intención censora e correctiva dirixida a todalas autoridades civis e eclesiásticas e tamén os vecinos con feitos reprobados. |