Clave
Programa do Entroido 2010

PROGRAMA ENTROIDO 2010 PDF (553KB)

Dende o 04 até o 21 de febreiro, Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis ancestrais, orixinais e participativos de Galicia. Máscaras de gran atractivo estético e visual e inesperadas manifestacións parateatrais fúndense nun incomparable ambiente de festa popular, no que o colorido dos disfraces mestúrase co branco da fariña e o negro dos fumes pirotécnicos.

XOVES DE COMPADRES (4 FEBREIRO 2010)

Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2010 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes da vila e a partir da media noite, os verinenses percorrerán as rúas Montemaior, avenida de Portugal, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón, onde se celebrará o xuízo e queima do Maragato.Durante esta viaxe, os compadres irán acompañados do Carro do Meco e da música da charanga Támega e da Banda de Gaitas do Concello de Verín, para acabar a festa na praza bailando coa Disco-Móvil Jorge.

 xuizo do maragato

ampliar imaxe

NOTA: Advertencia a todos os pinches pirotécnicos: coa pólvora non se xoga.

Bando do Entroido

 Meco Xoves de Compadres

ampliar imaxe

 

 

DOMINGO DE CORREDOIRO (7 DE FEBREIRO DE 2010)

Descarga de bombas de palenque e concentración de cigarróns na praza do Concello a partir das 11:30 horas. Con posterioridade, saúdo aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios, baixo o son atronador das súas chocas e o castigo dos látigos.

 corredoiro rua maior

ampliar imaxe

Na praza García Barbón, Disco-Móvil Jorge será o encargado da música, e partir das 14 horas terá lugar un xantar popular na praza da Alameda. Xa pola tarde, de 18 a 22 horas, baile popular na praza García Barbón a cargo das charangas Támega e Troulada e o grupo Aramio.

 Domingo de Corredoiro

ampliar imaxe

XOVES DE COMADRES (11 DE FEBREIRO DE 2010)

 

A partir das 11:30 horas, Gran Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos do CEIP Princesa de España, CEIP Amaro Refojo, Colexio María Inmaculada, Escolas Unitarias do Val de Monterrei, CEIP Castrelo do Val, Gardería Pinocho, Preescolar na casa, CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós e CEIP As Vendas da Barreira tomarán as rúas de Verín. Ademais, este ano e dentro do programa Eurocidade Chaves-Verín, participarán escolas de Chaves. O desfile, amenizado polas charangas Támega, Troulada, Madialeva, Sinolá, Garrafón.com e Cuatro Gatos, partirá do entrocamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá. Tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, porase punto e seguido ao Xoves de Comadres na Praza García Barbón.

 Desfile dos nenos

ampliar imaxe

Pola noite, sairán as comadres e encherán todos os restaurantes de Verín, coa animación das charangas Támega, Troulada, Madialeva, Garrafón.com, Penas Ceibes e Cuatro Gatos. Ás 00:00 horas, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, procedente do Camiño Real. Mareas e mareas de mulleres, e outros tantos homes disfrazados de damas, percorrerán desde San Lázaro até a praza García Barbón, polas rúas San Lázaro, Luis Espada e Maior, onde o locutor de Cadena 100, Vidal López, caldeará o ambiente.

 Xoves de Comadres

ampliar imaxe

 

Despois do saúdo da Raíña e Don Carnal, arrincará a lectura do pregón a cargo do escritor verinense Xosé Carlos Caneiro e a actuación das Cantareiras de Ardebullo -humoristas da CRTVG-. Luces, son e risas recordaranlle aos presentes que o Entroido 2010 chega con paso firme. Un ano máis, ¡VIVA O ENTROIDO! ¡VIVA VERÍN!

A orquestra Passarela porá o broche á noite máis "feminina" do Entroido verinense.

pregon comadres

 

ampliar imaxe

VENRES DE COMPADREO e COMADREO (12 DE FEBREIRO 2010)

Como todos os anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa.  Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento do Carro do Compadreo e das charangas Támega, Santiaguiño e N.B.A; para no fin, rematar na Praza de Edesio Fuentes cunha sesión de "tapeo" e queimada para os participantes. Pola noite, verbena popular na Praza García Barbón co orquestra Ritmo Joven.

 
 

SÁBADO DE ENTROIDO (13 DE FEBREIRO 2010)

Desde as 10 horas, descarga de foguetes e alboradas coas charangas Támega, Xente Nova e Madialeva. A partir das 17 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar un acto solemne no que novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras, acompañados da Raína do Entroido e Don Carnal. Animación a cargo de Disco-Móvil Jorge 

As charangas  Támega, Xente Nova, Troulada e Madialeva encargaranse porán a banda sonora por todas as rúas da vila en sesión de tarde e noite, que culminará coa actuación das orquestras Los Trovadores e América en Concerto.

 

Bautizo do Cigarron

ampliar imaxe

 

DOMINGO DE ENTROIDO (14 DE FEBREIRO 2010)

Día grande do Entroido. A mañá arrinca cunha descarga de foguetes que despertará a todos os entroideiros, seguido da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran desfile, que como todos os anos, comezará a partir das 12:30 horas. As charangas Mekanika, Xente Nova, Madialeva, Troulada, DDT e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón.

Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila coas charangas anteriores e, na Praza García Barbón, as orquestras Solara e Los Españoles calmarán as nosas ansias de baile.

AMIGOS E AMIGAS QUE A FESTA NON PARE!

 Domingo Gordo Desfile

ampliar imaxe

Luns de Entroido - LUNS FARELEIRO (15 DE FEBREIRO 2010)

Unha descarga de foguetes recordará aos sobreviventes que o Entroido aínda non acabou e que regresa a música ás rúas coas charangas Terras Novas de Trives e Madialeva.

A partir das 16.30 horas, xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos serán os auténticos protagonistas. Esixencia: ir disfrazados.  Seguindo a tradición, DÍA DA FARELADA, animada polas charangas Terras Novas de Trives, Támega e Madialeva. A partir das 19 horas, merenda con degustación de empanadas e viño, baile e verbena popular na praza García Barbón, coas orquestra Compostela e o grupo Alcotan.

luns de entroido 

ampliar imaxe

 

MARTES DO ENTROIDO (12 DE FEBREIRO 2010)

Bombas de palenque e pasarrúas matinais coas charangas DDT e Madialeva.

Ás 16 horas, como sempre, concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para ás 16:30 horas, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Todo iso amenizado polas charangas Mekanika, Troulada, Madialeva, DDT e Támega, xunto coa xente da Escola de Música Tradicional do Concello de Verín.

A festa continuará, a modo de despedida, ata que o corpo aguante, na praza García Barbón coa actuación das orquestras Trébol e América S.L.

 martes carnaval

ampliar imaxe

DÍA DE PIÑATA (DOMINGO 21 DE FEBREIRO DE 2010)

Almorzo de Piñata para os participantes en comparsas e carrozas. Baile popular na Praza García Barbón a partir das 17:30 horas coa orquestra Luz de Luna, que porá o broche final a este Entroido 2010.