Clave
O Capuchón

As primeiras constancias que temos do uso deste disfraz, remontanse na nosa vila ao ano 1914, "O Recreo de Artesanos" era o que celebraba o baile máis popular da vila, pois a el acudían as modistiñas e costureiras da vila en abundancia. Entre os moitos disfraces destacaban xa os asequibles e típicos "CAPUCHÓNS".

capuchon 
 

ampliar imaxe

Unha especie de sotana, negra ou de cor estampada que cobre a cabeza cunha carapucha, mentres a faciana se cobre cun antiface, careta ou máscara. É empregado indistintamente por nenos/as, mozos/as e adultos/as e o obxectivo é interrogar a coñecidos sobre a súa propia identidade. Segundo sinala Federico Cocho no seu traballo O Carnaval en Galicia, "o capuchón permite mirar de fronte a quen nunca se atreveu, ignorar o saúdo de compromiso que tanto nos custa, botar un baile con aquela moza apetecida sen se  por rubio, gastar bromas ós solemnes da vila, ir doutra maneira. Ser simplemente un capuchón, sen nome, apelidos, idade, sexo ou condición social".