Clave
Días do Entroido
 

No Entroido de Verín cada día é unha sorpresa, é algo diferente, con un significado. Por este motivo, neste apartado tratamos de dar unha explicación a cada día.

 

17 DE XANEIRO "FESTA DO CHOURIZO EN SAN ANTÓN DE ÁBEDES"
O 17 de Xaneiro celébrase a romaría de San Antón, mais coñecida como Festa do Chourizo. Nela, os romeiros vanse esparexendo e collendo sitio polo monte, arredor da capela, con fardelos de comida (chourizo,costela de porco, empanada...) e de viño.

San Antón 
 

ampliar imaxe

A romaría do San Antón atópase entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Esta trata da típica ofrenda ao protector benefactor, no pasado unha divinidade ou forza da natureza, agora o santo Antón.
Fai aparición por primeira vez a máscara do Cigarrón, cara a tardiña, que látego en man e sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do Entroido.  

  
XOVES DE COMPADRES 

É o primeiro día do Entroido e a primeira noite de mascarada colectiva. 
Antigamente as mozas facían os compadres ou bonecos que imitan a figura dun home, pendurándoos en lugar visible ou percurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.

 Xoves de Compadres
 

ampliar imaxe

É noite de homes, aínda que co paso dos anos son mais as mulleres que tamén se animan esta noite, cambiando o seu rol e disfrazandose coma se homes fosen.

Despois dunha boa cea en calquera dos restaurantes da vila,a medianoite tódalas pandillas de homes percorren as rúas da vila en compaña das charangas e do "carro do Meco" para chegar a Praza Maior e xulgar "o Maragato".

 

DOMINGO CORREDOIRO 

Comenzase propiamente a "corre-lo Entroido", xa qua e  primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila, enchense de algarabío e sonido coa música das charangas.
Celébrase a primeira concentración matinal de cigarróns, que farán a súa aparición para saúdar a todolos veciños a saída da misa.
A tarde-noitiña celebrase na Praza Maior de Verin o primeiro baile de máscaras vespertino o son das orquestras e ten lugar a primeira fariñada, ingrediente indiscutiblemente entroideiro.

 DOMINGO CORREDOIRO
 

ampliar imaxe


XOVES DE COMADRES 

¡¡CHEGOU O ENTROIDO!!!!  Miles de mulleres disfrazadas participan o Xoves de Comadres en ceas colectivas, enchendo tódolos restaurantes da vila, e pobre do home que estea fóra da casa antes da medianoite..... A esta hora toda esta multitude vaise xuntando nas rúas facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir ao Entroido e a Raíña do Carnaval no Barrio de San Lázaro, facendo a súa entrada pola calzada medieval que baixa dende o Castelo de Monterrei, escoltados polos cigarróns,  para levalos en comitiva percorrendo as rúas do casco vello ata o balcón da raíña do Entroido. Alí escoitaremos o pregón, relato que de xeito satírico, grotesco e burlón, ridiculiza todolos sucesos acontecidos ao longo do ano na vila.

 Comadres 2007
 

ampliar imaxe

Tras esta cerimonia soamente queda seguir de xolda até altas horas da madrugada.

VENRES DE ENTROIDO COMPADREO e COMADREO

Día no que os veciños e visitantes participan xuntos na festa, amenizados por charangas e orquestras.

Procesión polas principais rúas da vila de capuchóns e mascaritas 

 
SÁBADO DE ENTROIDO 

Unha descarga de foguetes e bombas, e alboradas coas charangas espertan a todos os veciños. 

Pola tarde, na "Praza do Cigarrón", e organizado pola Asociación do Cigarrón, acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial.

 Sabado de Entroido
 

ampliar imaxe

Asiste o acto a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior.
Hai tamén degustación gratuitos de productos típicos como a bica e o licor café, amenizado dito acto con diversas charangas.
A noitiña, ata altas horas da madrugada, baile popular. 

 
DOMINGO DE ENTROIDO 
O día grande do Entroido e de maior intensidade.
A primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas, pero que xa non espertarán a tantos veciños, posto que serán moitos, mozos e mozas, e non tan mozos/as  os que estean esperando despois dunha longa noite de alegría e diversión a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída. 
desfile_2007
 

ampliar imaxe

As doce do mediodía comenza o Gran Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verin, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, enchendoas de vida, de cores, de alegría, de música, de diversión e despreocupación, sendo numerosa a multitude de persoas, entre máscaras participantes e espectadores que terminan por aglutinarse na Praza García Barbón ao remate dese desfile popular.
Dende a tarde ata a noitiña, diversas orquestras e charangas amenizarán tanto aos veciños coma os visitantes e a partires de media noite verbena popular. 

LUNS DE ENTROIDO - FARELEIRO

Pola mañá, o son dun foguete para darlle unha tregua a quen dorme e a vez avisar aos e ás superviventes de que a música volve a soar polas rúas coas charangas. 

Luns FARELEIRO 
 

ampliar imaxe


Os nenos/as da vila disfrazados/as son os protagonistas indiscutibles deste día e de todas aquelas actividades infantís que teñen lugar no Pavillón dos Deportes de Verín.
Na Praza Maior terá lugar unha auténtica batalla de fariña, na que todo o mundo acaba manchado, sobre todo aqueles que máis limpiños van.
A fariña era noutros tempos considerada, un símbolo de fecundidade.
Cara a tardiña-noite todos voltamos ao baile ao son da música das orquestras.

MARTES DE ENTROIDO 

É o derradeiro día da gran xolda popular.
Bombas e foguetes arrincan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido. 

Martes de Entroido: Desfile
 

ampliar imaxe

Para despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o domingo do Entroido, cunha repetida concentración e Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verin, e das charangas.
Conclúen este día os bailes e verbenas populares, e a xolda nocturna dase por finalizada para moitos/as ao amencer do día seguinte.
¡¡¡ ATA O ANO QUE VEN, ENTROIDO!!!

 

MÉRCORES DE CINSA


Festivo local, para que a xente descanse -pouco máis hai que dicir...-

"Enterro da Sardiña": Dende os anos trinta e no Mércores de Cinsa, veuse celebrando en Verin o Enterro da Sardiña. Veu sustituir en vilas e cidades ós ceremoniais de despedida do Entroido representados polos sermóns, testamentos e queimas dando ademáis unha nota anticlerical propia das épocas en que tivo o seu máximo esplendor.
O serán do Mércores de Cinsa, reuníanse na Praza Maior unha manchea de xentes ataviadas adrede para un enterro, lanzando prantos e berros lastimeiros pola morte do Entroido, simbolizado nunha sardiña unhas veces e outras nun pelele ou nun home tumabado nunhas andas. Con fachóns acesos daba comenzo o enterro que percorría as rúas da vila entre cantos e recitados en alta voz alusivos ao personaxe morto, e acompañamento de letanías ridiculizantes. Os oficiantes vestían e imitaban aos que saían nos enterros eclesiásticos, levando as veces tan lonxe a burla, que a forza pública tiñan que intervir para rematar co escarnio que tal espectáculo producía nas xentes relixiosas da vila. Dende a Praza e por distintas rúas dirixíase a comitiva cara a ponte do Támega dende a que, entre aies e choros, se botaba o contido do cadaleito ó rio.
Como propio deste día conservouse ó longo do Entroido verinense dos últimos anos un resto dunha destas cantigas que ainda se repite con insistencia pasando a ser case coma un himno oficial destes días:


Ay, yo la vi, yo la vi, yo la vi:
como era de noche no la conoci
en el culo te pinto un loro
te pinto un loro, te pinto un loro;
En el culo te pinto un loro,
te pinto un loro,
Kirie Leisón.


Taboada Chivite tamén reproduce nun traballo sobre o tema algunhas das letanias propias deste dia:

 

Chorai nenas da vila
chorai, chorai, chorai
que o Carnaval xa se foi
e témolo que enterrar


 
Ou aquela tan popular de:

 

Ehi vai, ehi vai
ehi vai o Carnaval
tan bonito como era
e que pronto se nos vai


Nos tres elementos básicos que compoñen esta festa: Enterro, sermóns e lanzamento  á auga, tentaron de buscarse semellanzas con actos doutras festas de máis raigaña no noso pobo. O lanzamento á auga compárase coa desaparición / queima dos entroidos rurais, os sermóns cos testamentos que preceden á despaparición do Entroido e o enterro vese máis coma unha farsa anticlerical propia de èpocas de exacerbado liberalismo e licencia de costumes ó dicir dalgúns.
O Enterro da Sardiña perdurou ata os nosos días, misturándose con rituais e costumes propios do noso Entroido.

 

DOMINGO DE PIÑATA

Pecha este domingo a semana grande da festa cun xantar colectivo.
Faise entrega ao remate deste xantar do "premio Pescadilla", cedido pola Comisión do Entroido, e entregado a mans da súa viúva, a aquela comparsa que máis abraiados deixase os veciños durante o Desfile do domingo do Entroido.
Este premio é unha lembranza ao "Pescadilla", ao seu papel case imprescindible nesta festa. Falar del e da súa dona, parella inseparable no traballo e na xolda é falar tamén de Entroido. As súas parodias, a súa chispa, o seu bo humor e na súa lareira, sempre aberta a moitos nestas datas de Entroido, argalláronse moitas das máis grandes estrolas que se correron en Verin e que fixeron historia.

Pola tarde hai baile popular amenizado por unha orquestra.