| As Máscaras en Xeral e no Entroido de Verín |
A orixe da careta remontase no tempo e perdese na mais remota antigüedade. Suponse que a súa invención debeuse a fins relixiosos. Dende o paleolítico o ser humano utilizou mascara con diversos materiais e que foron variando ao longo do tempo, pois confeccionaronse con madeira, palla, corteza, follas de maíz, teas, pel, cráneos, cartón piedra, papel maché, látex, plásticos e outros materiais. Utilizanse dous términos similares: careta e máscara. A careta é exclusivamente para cubrir o rostro, para disimular, rasgos da face; mentres que a máscara pode cubrir todo o corpo, e foron usadas nalgunhas culturas, e aínda hoxe se seguen utilizando con fins relixiosos. | 
| | | ampliar imaxe | | | | Algúns hallazagos arqueolóxicos mostraron que eran moi usadas en Exipto para perpetuar con elas os rostros dos mortos. Facíanse tratando de imitar da forma mais fielmente posible, o rostro do difunto, e colocábase xunto o ataude, pintandose da mesma maneira que este. Elaborabánse con cartón realizado con lenzo ou papiro, revestido con estuco -que co paso do tempo- endurecíase e presentaba total consistencia. Segundo a clase social a que pertencera o morto, podría chegar a revestirse cunha lámina de ouro. Non se lle horadaban nin os ollos nin a boca, e representabanse con incrustacións ou pinturas. Os estudos arqueolóxicos levados a cabos en tumbas fenicias, tamén demostraron que esta civilización practicaba a costume de utilizar máscaras funerarias. Rastros de máscaras tamén foron halladas en antiguas pinturas rupestres. Comenzou a evolucionar o uso da máscara, en Roma, cando a levaban actores nos cortexos fúnerarios, para que se recoñecera e se lembrase o rostro do defunto. |  | | | ampliar imaxe |
Rápidamente adoptouse o seu uso nas fiestas saturnais en Roma, e comenzaronse a usar con carácter festivo, dando orixe a utilización no que hoxe é o noso Entroido. Con ditas máscaras comenzaronse a realizar esceas burlescas dos ritos sagrados. Foron evolucionando e cambiando os seus usos, ata a actualidade, na que é frecuente, soamente nas carnestolendas. | As mascaras actuais, producto da fantasía, a imaxinación e a creatividade forman parte dos Entroidos de todo o mundo, e das festas de disfraces que estos traen parellos. A par de este uso, que continuou ata o nosos dias, a macara ou careta -ademais de ser común nas celebracións cristianas medievais- tivo outro uso, na Idade Media, cando as levaban de metal, os cabaleiros medievais para protexerse nas súas loitas e nalgúns casos se lles agregaban muecas faciais para demostrar o caracter de quen as portaba. Segundo as diferentes culturas, estos símbolos foron variando nas súas formas, tamaños, decoración, características, realismo ou abstracción, algunhas usadas para cubrir todo o corpo, e outras máis diminutas. Moitos pobos primitivos usaron máscaras e caretas para realizar os seus rituais, e éstas representaban deidades, seres mitolóxicas ou espiritus malignos, ou a Deus e o Demo; en cada caso con significados ceremoniais distintos. Se a máscara usada era de animais, podía simbolizar o rogo para asegurar o éxito da caza. Asemesmo, tamén hai culturas que utilizaban máscaras para alexar pestes e enfermidades. Hoxe en día, co seu uso xa popularizado, no noso Entroido verinense o uso da careta ou máscara é unha característica máis que o definen xunto co uso da fariña e do capuchón e que tan significativo o fan. Na nosa vila hai un respeto riguroso por aqueles que manteñen a cara tapada ou van disfrazados, ese é o primeiro mandamento do noso Entroido, polo que a unha máscara con todos os respetos, nunca pode ser obxecto de burla por parte de aqueles que non van tapados, nin se lle pode manchar coa fariña. |
|